AS CHAVES…

Cando introducimos o traballo nas titorías, presentáronsenos dous inconvenientes: en primaria non hai un momento no horario que estea dispoñible para tal actividade, e en Infantil non queriamos que se confundira coa asamblea que fan tódolos días.

Dende Primaria cada titor e titora elixe un momento que encaixe na súa programación.

Dende Infantil ocurriuselles introducir as CHAVES: trátase de dúas chaves de mentira, co formato que se lle queira dar, e explícaselles aos nenos e nenas que hai unha chave que abre o noso pensamento (para a asamblea, na que se contan cousas, experiencias,…) e hai outra chave que abre o noso corazón (para as titorías, na que se fala de emocións, de sentimentos)

Estas chaves poden elaborarse según lle guste a cada un e/ou aproveitar para que os nenos e nenas participen na súa decoración.

LIBROS PARA TRABALLAR NAS TITORÍAS

Para o traballo nas titorías é de moita axuda usar algún tipo de material que serva de pretexto e comenzo das sesións.

Estes son algúns libros que poden servirnos como pé:

47383330

Neste caso, trátase das pelexas continuas de Matile, unha granxeira e máis o corvo que lle roubou o millo que plantou. A partir deste suceso empezan a facerse faenas un ao outro sen saber como parar…

img-interior_gran_elarbol.jpg

Este trata dun raposo que viviu unha vida larga e feliz, pero agora estaba cansado. Observou o seu querido bosque por derradeira vez e quedou durmido para sempre. Este conto celebra a vida e todos os recordos que permanecen en nós trala morte dun ser querido.

 

RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS…

Os conflictos xurden día a día entre os nosos alumnos e alumnas, froito da propia convivencia entre eles. Para abordalo da maneira máis aceptable, deixamos o guión que nos facilitou a nosa formadora deste ano, Isabel López.

Neste caso, trátase de dar resposta á conducta en sí, ao pensamento que subxece a ela, ao sentimento que xurde ao realizala e da necesidade que estaba detrás dela. Desta maneira, ademáis de netrenar aos nosos alumnos e alumnas na resolución de conflictos, estamolos favorecendo o desenvolvemento da educación emocional.

Este é o guión:

GUIÓN PARA A RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS NA AULA

RECOMENDAMOS…

Na web hai moitos cortos que nos serven tanto para introducir un tema na titoría como para traballar a educación emocional na aula. Xa temos recomendado algúns, e outros que nos funcionaron ou nos pareceron aproveitables son estes:

Este corto traballa sobre todo a sobreprotección, pero tamén é apropiado para tratar valores coma o esforzo e a superación persoal.

No caso deste  pódense facer varias lecturas, polo que é mellor visionalo para traballalo despois.

AS CARICIAS

Este curso introducimos un termo novo: AS CARICIAS. Dende a Análise Transaccional definense coma a unidade mínima de recoñecemento humano. Son tódolos intercambios de comunicación nos que facemos un recoñecemento aos outros. Trátase de palabras inspiradoras, bonitas , agradables, cumpridos…

As caricias superan amplamente o concepto de premios e castigos propios da Tª da Aprendizaxe e son un instrumento altamente efectivo no benestar e na autoestima dos nenos e nenas.

Podemos dar caricias ao SER, ao TER, ao FACER, SENTIR, PENSAR,… e aplicámolas de maneira incondicional (cando non se necesita condición algunha para recibila) ou condicional (cando se recibe despois de facer algo)

Poden ser positivas ou negativas de natureza, pero cando aplicamos unha caricia positiva de maneira mecánica ou por lástima, convértese nunha caricia negativa.

Neste sentido, é importante facer partícipes aos nenos e nenas xa que debemos entrenalos para saber aceptar as caricias positivas e rexeitar as negativas, pois o rexeitamento é unha das bases do desenvolvemento da asertividade.

No ámbito da aula, explicámoslles aos nenos e nenas que as caricias son palabras positivas ou negativas que lles podemos dicir aos outros e porqué son importantes.